lunes, 15 de noviembre de 2021
miércoles, 23 de junio de 2021
despedida tutora de xoel 2021
Benquerido alumnado,
Hoxe, non vou subir ningunha explicación, nin video, nin ningún aviso ao blog.
Hoxe, diríxome a vós para achegarvos o meu agradecemento.
Agradecervos todo o que me agasallásteis durante este curso, nada doado, marcado pola pandemia. Sen dúbida, nalgún momento , fostes vós os meus mestres.
Aprendín da vosa responsabilidade: de como persoas de 11, 12 anos son quen de cumprir normas que os adultos esquecemos con certa facilidade.
Aprendín da vosa ilusión e o voso disfrute no traballo : vaia satisfación me producía escoitar aquilo de ... "profe, trouxen un material para ensinar, podo explicalo? ; profe, fixen un traballo sobre o que estamos a estudar, podo expoñelo?"; e todo, de xeito voluntario !.
Aprendín da vosa capacidade de reinventaros: fostes quen de buscar alternativas no tempo de lecer cando vos decatastes de que non contabades con ningún material de xogo. Apareceron as tertulias, os paseos polo patio, e ata puiden poñerme ao día e ser partícipe dalgún baile de actualidade (isto costoume un pouquiño, pero, seguirei practicando 😉).
Botarei en falta as conversas de primeira hora da mañá , nas que nos poñiamos ao día cos acontecementos máis recentes: de tecnoloxía , de investigación , datos da pandemia , e, por suposto, tamén deportivos: o Lugo salvou do descenso, o Breo ascendeu á liga ACB ...
Sen dúbida, o mellor xeito de estar vinculados uns aos outros e á vida, é fomentando a habilidade que temos dende pequenos de querer saber.
Encantaríame que non perdésedes o gusto por aprender, por descubrir, por investigar, por estar conectados con todo o que vos rodea.
Iker, Mencía, Xoel, Ainhoa, Sergio, Pablo Gallego, Aroa, Manuel, Leire, Alexandre, Saúl, Nicolás, Alba, Pablo Rodríguez, Lía, Pablo Seoane, Rosalía e Marina, por todo isto, e por mil cousas máis ... GRAZAS!
Lembrade que cada un de vós é especial polo que é. Non hai que correr para ocupar os primeiros postos en todas partes; cada quen , ten que atopar o seu lugar na vida e comprometerse a ser feliz e a facer feliz aos demáis.
Sodes uns auténticos campións, e, estou segura de que seredes quen de alcanzar o que vos propoñades. 💖 PARABÉNS A TODO O GRUPO!!
E agora, é o momento de pechar un ciclo escolar moi importante para vós neste colexio, o voso colexio: a Educación Primaria , e, abrirlle as portas, a outro ciclo non menos importante: a Educación Secundaria.
O colexio Anexa, e todos os que formamos parte del, desexámosvos A MAIOR SORTE DO MUNDO no novo camiño que ides emprender en breve.
Sempre estaremos dispostos a botarvos unha man cando o precisedes, e, por suposto, sempre ocuparedes un lugar moi importante no corazón dos que tivemos a sorte de coñecervos, de traballar e de convivir con vós.
Ata sempre!
A titora